Sunday 05 de May de 2024

O luns abre o prazo de preinscrición en Ocioleiros


O vindeiro luns día 11 de decembro abre o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Ofértanse un total de 21 actividades diferentes para persoas maiores de 18 anos.

Ocioleiros está dirixido exclusivamente aos veciños e veciñas empadroados en Oleiros. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdico, dirixido á diversión e ao entretemento.

As persoas interesadas en participar poderán preinscribirse a través da Sede Electrónica do Concello. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8:30 a 14:30 horas). O prazo abre o próximo luns e finalizará o 22 de decembro. As listaxes con todas as persoas preinscritas colgaranse o 29 de decembro para a emenda de erros.

Nas actividades nas que haxa máis demanda que prazas ofertadas, adxudicaranse por sorteo, que se realizará o 9 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica. As listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 11 de xaneiro.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-sociais/-/asset_publisher/Zy1pF827NYjN/content/id/946798